Triple reforzo granate

O Pontevedra CF presentou este venres a tres novos xogadores para o primeiro persoal, Anthony Banda, Oumar Sidibé e Adrián Pazó. Os tres aseguraron chegar con moitas ganas de aprender e co único obxectivo en mente de subir de categoría ao finalizar a tempada.

Oumar Sidibé é un centrocampista de Burkina Faso de 21 anos procedente do Badalona de Segunda División B e firma por un ano. ”Estou aquí para axudar ao equipo e a min tamén. Alégrome moito de estar neste equipo. Cando vexo o estadio directamente dígome: ‘este club é un gran club”’. Ante a pregunta de cales eran as súas pretensións dixo que ”o primeiro é traballar para poder subir a Segunda División B, e por que non, co tempo chegar a primeira”. Para definirse como futbolista declarou: ”Son un futbolista que no cesped está moi calado, só penso na miña tarefa dentro do campo, facer o meu traballo”. Cando se lle preguntou pola súa estancia en Badalona o futbolistá sentenciou: ”No Badalona estiven moi ben, non tiven sorte de xogar os play-off, pero foi unha experiencia moi bonita”.

Anthony Banda é un xogador de Zambia de 20 anos, internacional coa selección Sub-20 do seu país. Asina un contrato co primeiro persoal xa que o ano pasado atopábase nas categorías inferiores do club pontevedrés: ”Para esta nova tempada eu pido mellorar, que o equipo gañe, e poder ascender a Segunda División B”, asegurou.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.