O Coruxo superou con boa nota a proba máis importante que tiña na pretemporada ao imporse ao Pontevedra no
marcador (3-0) e no xogo, xa que o equipo de Josiño foi o que dominou e controlou durante os noventa minutos do encontro. Os vigueses mostraron unha boa imaxe que invita a ser optimistas de face á tempada que vai comezar.
Os tres goles dos de Josiño chegaron en xogadas de triangulación que culminaron con bos lanzamentos dos dianteiros Cakovic e Yeray e do centrocampista Fondevila.
Ao descanso chegouse co marcador dun a cero. No primeiro tempo o Pontevedra apenas se achegou á área de Aarón. A vantaxe puido ser maior se os disparos ao pau de Romero e Quini nunha xogada de estratexia entran na portería.
Na segunda metade o Pontevedra tivo algo máis de protagonismo cun par de ocasións de Pedro, peor lle faltou a pegada que si tivo o Coruxo.
A noticia positiva do encontro foi a reaparición do dianteiro do Coruxo Zurbano, que xogou un minutos no segundo tempo tras superar unha grave lesión na recta final da tempada pasada.
Os amigables que lle quedan ao Coruxo antes de empezar a liga na Roda serán ante rivais de inferior categoría.
Goles: 1-0, min 15: Cakovic. 2-0, min 51: Yeray. 3-0, min 72: Óscar Fondevila.
Árbitro: Costas Soto (Vigo).
Incidencias: Frouxa entrada no campo do Vao para presenciar o partido do Trofeo San Lorenzo.
Aarón, Quini, Alberto García, David Campos, Antón, Antúnez, Bicada, Romero , Fondevila, Yeray e Cakovic. Tamén: Alberto, Íker, Cristian, Álex Rei, Peláez, Zurbano e Mangana.
Adrián, Caco, Pazó, Juan, Iago, Manu Barreiro, Antoni, Hugo, Gabi Misa, Héctor e David Pérez. Tamén: Curri, Denis, Julián, Sergio García, Nogueira, Trovo, Pedro, Carlos Campo.