Os penaltis ditaron sentenza

Nubes e claros na comparecencia do Lugo en Pasarón. Os branquivermellos reincidieron na súa aposta por consentir o balón, pero emborronaron a súa actuación coa falta de pegada, os erros defensivos e a autoestrada que Fran Pérez concedeu á banda esquerda do Pontevedra. Ao final, os penaltis ditaron sentenza e sorriron ao cadro granate.

O Lugo entrou con forza no partido. Aos dous minutos, Adrián evitou cunha gran parada que Belencoso, o máis destacado no primeiro tempo, puxese Pasarón patas para arriba. Con todo, foron os locais os que se adiantaron no marcador na primeira ocasión da que gozaron.

Os branquivermellos dispuxeron dunha maior cantidade de ocasións durante o primeiro acto. Asinaron o empate por medio de Isma nunha gran xogada e aparcaron o sufrimento ata que, logo dun erro defensivo, David Pérez se empachó de balón e non soubo resolver ante Diego Rivas, outro dos destacados na escuadra dirixida por Quique Setién.

Na segunda parte, o Pontevedra tratou de espremer as contras, mentres que o Lugo atopou en Luismi ao seu mellor argumento ofensivo. O branquivermello enviou un par de balóns ao pau no tramo final do choque.

Goles: 1-0, min 5, Manu Barreiro. 1-1, min 18, Isma.

 

Árbitro: José Manuel Cives. Sen amoestados.

 

Incidencias: Torneo Cidade de Pontevedra. Uns 1.100 espectadores en Pasarón.

Adrián; Suso, Pablo Ruiz, Nogueira, Trovo, Gonzalo, Tubo, Yago, Manu Barreiro, David Pérez e Pazó. Tamén xogaron Curri, Julián, Docampo, Misa, Denís, Héctor, Antoni, Juan e Lorenzo

Diego Rivas; Fran Pérez, Garrido, Belfortti, Manu; Pita, Zarandona, Ismael, Berodia, Luismi e Belencoso. Tamén xogaron Víctor Marco, Rei, Alberto, Óscar, Quero, Santi, Iago e Ziko

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.